Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

O MUNDO DE TARABELO

Imaxe
Luciano do Monfadal e Toño Villarino na Casa da Penela. Entre os dedos dous libros: O mundo de Tarabelo (Ed. Toxosoutos) e As donas da noite (Edicións Fervenza) Carlos P. Garcés Estiven lendo estes días atrás O mundo de Tarabelo,  un libro de relatos publicado pola editorial Toxosoutos. O autor é Luciano Ares Díaz, coñecido como Luciano de Monfadal porque naceu no Monfadal de Baixo (concello de Mondoñedo). Foi -en palabras do propio escritor- "nunha casa de labregos e nunha noite de luar en que se vía como se fose día, segundo me contou Manuela, a veciña que axudou no parto".  No centro escolar Álvaro Cunqueiro cursou Luciano os seus primeiros anos de estudo para despois facer o bacharelato no I.E.S. San Rosendo. Desde moi novo comezou a escribir poemas. No ano 2006 publicou os primeiros no xornal con título coincidente co nome da cidade - Mondoñedo-  e en 2010 publicou Antes que a alborada chegue , unha antoloxía poética en homenaxe a súa nai falecida un ano antes. ...