MONCHO MARIÑO: "A versatilidade da Rede favorece a continuidade dos medios"
Presentación de 'Fanzines en Galiza. Unha breve e intensia historia da autoedición galega' na libraría Numax. O autor, Moncho Mariño, contou coa introdución do tradutor, xornalista e animador cultural Iván Cuevas Carlos P. Garcés Ramón Mariño Fernández ( Moncho Mariño ) naceu en Xove (1972) nunha familia toda de agricultores, agás seu pai que foi mariñeiro. Xunto con seu único irmán, criouse na parroquia da Rigueira cos avós maternos. En Mondoñedo comezou os estudos de bacharelato, que continuou en Burela e que non puido completar. Foi aprendiz de carpinteiro e traballou en brigadas forestais durante un par de veráns e nunha auxiliar de Alcoa. Simultaneamente, matriculouse de novo para cursar o bacharelato a distancia. Cando tiña 27 anos aprobou o exame para maiores de 25 anos e así entrou na universidade, onde completou a licenciatura en Xornalismo. Durante a carreira e despois, fixo prácticas en varios medios (Radio Galega, Radio Voz e outros), traballou para o gabinete da Xu...