Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

O GALEGO DE CARACAS

Imaxe
                                 Simón Rodríguez, O Galego de Caracas, xunto a Carlos P. Garcés na mostra de TECENDO REDES Carlos P. Garcés  Simón Antonio Rodríguez Landaeta, coñecido como "O Galego de Caracas", naceu en Venezuela. Realizou estudos na súa cidade natal e obtivo a licenciatura en letras pola "Universidad Católica Andrés Bello" de Caracas. Grazas ás Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior de Lugo, en 2019 cruzou o Atlántico e aproveitou para facer un Master en Servizos Culturais na USC.  En 2023 gañou o Premio Nacional de Poesía O Facho co seu primeiro libro publicado   A outra patria. Activo noutros eventos culturais, ten pisado escenarios de festivais como o Castelo Conta (Culleredo), Festival Maré (Santiago), Ceiba Rimas (Pontevedra) ou Regueifa Tour (Vila de Cruces) e realiza shows de rap e palabra falada. Ademais ten feitas accións poéticas en espazos como o Muse...

TECENDO REDES: Migración, Arte e Lugo.

Imaxe
                                               Autoridades e artistas na presentación do proxecto "TECENDO REDES" Carlos P. Garcés       Como resultado da colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e a Asociación de Inmigrantes y Retornados/as Rioplatenses, no CENIMA de Foz presentouse o proxecto TECENDO REDES: Migración, Arte e Lugo , unha proposta colectiva que aposta por novas narrativas en torno aos movementos humanos e a interculturalidade.      Inauguraron o acto Inés López, concelleira de cultura de Foz, e Daniel García, deputado representante da Área de Cultura da Deputación, que deron as grazas pola asistencia e remarcaron o papel da Mariña como territorio de acollida e diversidade cultural.   A exposición, que reúne once conxuntos artísticos vinculados ás experiencias migratorias desde perspectivas vitais, ...