TECENDO REDES: Migración, Arte e Lugo.
Autoridades e artistas na presentación do proxecto "TECENDO REDES"
Carlos P. Garcés
Como resultado da colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e a Asociación de Inmigrantes y Retornados/as Rioplatenses, no CENIMA de Foz presentouse o proxecto TECENDO REDES: Migración, Arte e Lugo, unha proposta colectiva que aposta por novas narrativas en torno aos movementos humanos e a interculturalidade.
Inauguraron o acto Inés López, concelleira de cultura de Foz, e Daniel García, deputado representante da Área de Cultura da Deputación, que deron as grazas pola asistencia e remarcaron o papel da Mariña como territorio de acollida e diversidade cultural.
A exposición, que reúne once conxuntos artísticos vinculados ás experiencias migratorias desde perspectivas vitais, emocionais e culturais, foi presentada por Ana María Bereciartúa Gasperini (presidenta da Asociación Rioplatense de Lugo) e Encarna Lago González (xerente da Rede Museística Provincial).
O evento comezou cunha declamación de Simón Rodríguez (O galego de Caracas), que tamén realizou unha escenificación poético-literaria interactiva apoiándose nalgunhas das artistas presentes. Despois, guiados pola música de Henry Vidal (músico cubano), fíxose a visita aos diferentes espazos en que se recollen as obras artísticas de Pedro Cantero, Alisa Smirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruiz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni.
Comentarios
Publicar un comentario