Este caderno escolar recolle as prácticas de redacción realizadas polas persoas que participan nos nosos cursos para neofalantes
AS DONAS DA NOITE NA FACTORÍA LITERARIA DA CASA DA PENELA
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
De primeiro pola esquerda da imaxe, o autor do artigo comparte a primeira fila con Marisa Padrón, Fernanda Trigo, Pepe de Noriega e Margarita Bermúdez
Carlos Pascual Garcés
Tiven o pracer de asistir na Casa da Penela a un encontro cultural con ocasión da presentación do libro As donas da noite de Lionel Rexes, premio Balbino 2025.
O acto comezou cunha peza musical composta e interpretada polo gaiteiro Miguel Chao e continuou cunhas palabras de Xulio Rodríguez Leiras, que agradeceu a presenza de todos nós, especialmente daqueles que viñeran desde lonxe, como foi o caso dos Amigos da República desprazados desde Ourense e de Luciano do Monfadal desde Santiago. O anfitrión remarcou a importancia da lectura: “non hai maior traxedia que unha sociedade que non le, porque unha sociedade que non le é unha sociedade que non pensa e que non produce pensamento. Alguén dicía que a tolerancia chegará a tal nivel -enfatizou- que as persoas intelixentes terán prohibido pensar para non ofender os imbéciles”. Despois de recordar unhas palabras de Lorca (“Dostoievski, no seu exilio na Siberia, en vez de pedir comida, bebida ou abrigo para soportar as súas penalidades, pedía libros para que non lle morrese a alma”), o orador fixo outras reflexións moi interesantes antes de facer a presentación dos compañeiro de mesa (Bernardo Penabade e Lionel Rexes) e de ter unhas palabras de emocionada lembranza para o finado Pepe de Bastián, asiduo destes actos culturais.
Exercitou de condutor o profesor de lingua e literatura, xa xubilado, Bernardo Penabade que fixo unha exposición detallada dos elementos fundamentais da estrutura que toda creación narrativa literaria debe conter: quen, cando, onde e que. Púxonos como exemplo o propio acto que podería formar o argumento dunha narración: quen (as persoas alí presentes), cando (o día da poesía), onde (na casa da Penela) e que (a presentación do libro de Lionel). A casa da Penela, como nos recordou, é considerada como unha factoría literaria; e, para dar testemuño diso, convidou seis persoas curtidas do ensino, da poesía e da memoria a unha breve lectura do comezo do libro onde xa se poden ver esas primeiras premisas da creación narrativa. As lecturas de Margarita, Luciano, Fernanda, Pepe, Margarida e Marisa deixan de xeito claro o quen (os 4 rapaces protagonistas), cando (o 12 de Outubro), onde (no Valadouro) e que (formación dunha plataforma estudantil), as catro premisas en que Bernardo baseou a súa explicación e que entrelazadas entre si dan como resultado esa estrutura que facilita ao lector a comprensión da narración. Fíxonos unha disertación sobre o que é o continente e o contido do libro cun exemplo ben curioso e sinxelo de entender: a través dunha caixiña de regalo (o continente) e dunha pulseira (o contido). Por outra banda mostrou disconformidade coa “revisión” que se fai por parte das editoriais aplicando un corsé á narrativa que ás veces, en vez de mellorar, empeora a obra.
Na súa quenda, Lionel tocou lateralmente o debate entre conservadorismo e inmobilismo e centrouse en que concibiu a obra con protagonismo xuvenil, mais entende que a trama encerra certa profundidade histórica que a afasta do público que está nesta fase da vida. Segundo el, un dos fíos fundamentais do libro é a dicotomía urbe e rural; e mostrou os condicionantes que teñen as persoas que se incorporan ao rural, moitas veces cualificadas como extravagantes. Referíndose ao cambio social, alertou dunha visión distorsionada: "o rural de hoxe non ten nada que ver co rural de hai dúas xeracións" (el interpreta que a sociedade galega é inmobilista, non conservadora; e os dous conceptos darían pé a unha palestra específica). Tras explicar que na actualidade a vida económica no campo non xira só arredor da agricultura e da gandaría, falounos do rural como “fonte de iniciativas culturais”. Lonxe de romanticismos, lamentou a escasa participación das xeracións máis novas nas diferentes iniciativas de desenvolvemento económico e cultural.
A xornada finalizou cun xantar de confraternidade. Entre prato e prato e na sobremesa, as conversas a cada cal mais interesante e a confianza xeral de que a factoría literaria da Penela continuará albergando encontros destas características. A continuidade do debate "conservadorismo vs. inmobilismo" fica para outra ocasión.
Reportaxe audiovisual realizada coas gravacións feitas polo autor do artigo
Ses foi presentada por David Mon, que tamén se ocupou de moderar o debate. FOTO: L.R. BERTA VIDAL QUERALT O 28 de marzo de 2026 tivo lugar un acto cultural na Asociación Xebra de Burela. Presentouse o libro-disco Nadando na incerteza de Sés . A artista , tamén antropóloga e filóloga de formación, comezou a dedicarse á música grazas ás oportunidades que -como nos dixo- viñéronlle dadas por xente que confiou nela. Malia que moitos de nós esperabamos unha conversa sobre a produción do disco e do libro , o encontro converteuse nunha reivindicación clara dos ideais da artista e do que a move no momento creativo: a política, a ética e a necesidade de expresarse doutra maneira (neste caso a través dun libro). Para alén de reflexionar sobre a incerteza da vida e do destino, e sobre a ignorancia qu...
Fotografía de grupo realizada na área recreativa do Cantiño no inicio do encontro Carlos Pascual Garcés Os membros do curso de neofalantes fixemos unha actividade moi interesante. Consistiu nun paseo por varios lugares de Burela para coñecer os puntos en que Antía Yáñez ambienta o seu libro "O misterio do torque de Burela".Tivemos a sorte de ir acompañados pola autora, por outras persoas de grande interese cultural e por Bernardo Penabade, que fixo o papel de anfitrión. Comezamos a andaina no lugar do Cantiño, onde se fixeron as primeiras presentacións e falamos distendidamente con Ibrahima, que nos contou como chegou a España e cal é súa situación actual. Fixo Ibrahima unha lectura moi xeitosa dunha parte do texto da obra. Despois tiramos unhas cantas fotografías do grupo e puxemos rumbo ao mirador de Monte Castelo, desde onde en días despexados pódese ver todo o litoral de Viveiro a Tapia de Casariego. Ese día, porén, había bruma mariñá e non se divisaba ben. No Castelo, o...
Participantes no Escoitadoiro I celebrado no Museo Etnográfico de San Paio de Narla Carlos P. Garcés Sánchez O 24 de marzo celebrouse no Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) o Escoitadoiro I; Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz , p romovido polo Consello da Cultura Galega. Era este o primeiro dunha serie de encontros que se desenvolverán o próximo 21 de abril na Coruña e máis tarde nas outras provincias de Galiza. A responsabilidade da coordinación recaeu en Paula Cabaleiro, Ruth Sousa e Encarna Lago González , xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. -O ciclo de actividades está organizado por unha comisión técnica do Consello da Cultura. Que tipo de persoas participan nela? A Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, creada en 2019, está comprendida por diferentes perfís profesionais da xestión cultural, que discorren entre os ámbitos da museoloxía, do comisariado artíst...
Comentarios
Publicar un comentario