OBRAS SON AMORES
A nosa escola aparece de novo no portal Neofalantes.gal, que desta vez chegou a Foz para conversar con Berta Vidal, que participa no curso organizado polo Grupo de Neofalantes da Mariña. Como fixera no curso pasado con varias das persoas participantes na actividade -e como xa fixo hai uns día na conversa con Belén Hernández-, David Sobrino editou un vídeo e publicou esta fermosa reportaxe:
Berta Vidal, natural de Cataluña e residente na Mariña lucense dende hai algo máis de dous anos, iniciou recentemente o proceso de aprender e falar galego de maneira activa. Chegou a Galicia en outubro de 2023 e instalouse primeiro en Barreiros e posteriormente en Foz, onde vive na actualidade. Dende a súa experiencia como educadora social e como persoa procedente dun territorio con lingua propia, considera que coñecer o idioma do lugar onde se vive é unha cuestión de integración e respecto pola cultura local.
(...)

Comentarios
Publicar un comentario