XUSTÁS
David Sobrino Platas, de Neofalantes.gal, chegou a Xustás e conversou con Belén Hernández, que participa no curso organizado polo Grupo de Neofalantes da Mariña. Despois editou un vídeo e publicou esta fermosa reportaxe que comeza así:
Belén chegou a Galicia no verán de 2021 procedente de Madrid. Tras vivir na capital española durante anos, decidiu instalarse nunha aldea da provincia de Lugo, concretamente en Xustás (Cospeito), onde se asentou xunto coa súa filla. O cambio de vida estivo motivado en boa medida pola preparación dunhas oposicións á Xunta de Galicia, nas que o coñecemento do galego era un requisito imprescindible.
Segundo relata, ese foi o primeiro motivo que a levou a estudar a lingua. O seu obxectivo inicial era fundamentalmente práctico: adquirir o nivel necesario para poder presentarse ás probas. Con todo, o proceso de aprendizaxe acabou espertando nela un interese máis amplo polo idioma e pola realidade cultural galega.
O texto completo está nesta ligazón.

Comentarios
Publicar un comentario