Publicacións

O MUNDO DE TARABELO

Imaxe
Luciano do Monfadal e Toño Villarino na Casa da Penela. Entre os dedos dous libros: O mundo de Tarabelo (Ed. Toxosoutos) e As donas da noite (Edicións Fervenza) Carlos P. Garcés Estiven lendo estes días atrás O mundo de Tarabelo,  un libro de relatos publicado pola editorial Toxosoutos. O autor é Luciano Ares Díaz, coñecido como Luciano de Monfadal porque naceu no Monfadal de Baixo (concello de Mondoñedo). Foi -en palabras do propio escritor- "nunha casa de labregos e nunha noite de luar en que se vía como se fose día, segundo me contou Manuela, a veciña que axudou no parto".  No centro escolar Álvaro Cunqueiro cursou Luciano os seus primeiros anos de estudo para despois facer o bacharelato no I.E.S. San Rosendo. Desde moi novo comezou a escribir poemas. No ano 2006 publicou os primeiros no xornal con título coincidente co nome da cidade - Mondoñedo-  e en 2010 publicou Antes que a alborada chegue , unha antoloxía poética en homenaxe a súa nai falecida un ano antes. ...

Espazos seguros para o encontro intercultural

Imaxe
Participantes no Escoitadoiro I celebrado no Museo Etnográfico de San Paio de Narla Carlos P. Garcés Sánchez       O 24 de marzo celebrouse no Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) o Escoitadoiro I; Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz , p romovido polo Consello da Cultura Galega. Era este o primeiro dunha serie de encontros que se desenvolverán o próximo 21 de abril na Coruña e máis tarde nas outras provincias de Galiza. A responsabilidade da coordinación recaeu en Paula Cabaleiro, Ruth Sousa e  Encarna Lago González , xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.     -O ciclo de actividades está organizado por unha comisión técnica do Consello da Cultura. Que tipo de persoas participan nela? A Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, creada en 2019, está comprendida por diferentes perfís profesionais da xestión cultural, que discorren entre os ámbitos da museoloxía, do comisariado artíst...

SES: "Agora mesmo estamos vivindo a utopía dos nosos avós"

Imaxe
Ses foi presentada por David Mon, que tamén se ocupou de moderar o debate. FOTO: L.R.                                      BERTA VIDAL QUERALT        O 28 de marzo de 2026 tivo lugar un acto cultural na Asociación Xebra de Burela. Presentouse o libro-disco Nadando na incerteza de Sés . A artista , tamén antropóloga e filóloga de formación, comezou a dedicarse á música grazas ás oportunidades que -como nos dixo- viñéronlle dadas por xente que confiou nela.      Malia que moitos de nós esperabamos unha conversa sobre a produción do disco e do libro , o encontro converteuse nunha reivindicación clara dos ideais da artista e do que a move no momento creativo: a política, a ética e a necesidade de expresarse doutra maneira (neste caso a través dun libro).     Para alén de reflexionar sobre a incerteza da vida e do destino, e sobre a ignorancia qu...

JESSICA FERNÁNDEZ CERDEIRA: "Considero importante que a xente vexa a lingua como algo guai”

Imaxe
Jessica Fernández Cerdeira, xornalista de LugoXa e SarriaXa Carlos P. Garcés Sánchez Jessica Fernández (Lugo; 1997) ten as raíces familiares en Vigo e vive en Outeiro de Rei desde os 4 anos. Ao tempoo que realizou voluntariado de Tempo Libre, fixo estudos de Realización Audiovisual e de Maxisterio; e completou a carreira de Xornalismo e o mestrado en Profesorado de ESO e BAC. Profesionalmente estreouse en  Galicia Confidencial  -a cabeceira dirixida por  Xurxo Salgado -, estivo durante dous anos no proxecto Neofalantes , en G24   e agora mesmo traballa en LugoXa e SarriaXa . En calidade de redactora e creadora de contidos, foi convidada a participar no Escoitadoiro I : Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz  celebrado o pasado 24 de marzo no Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol). Dese encontro e doutros temas falamos con ela. -Xa que estiveche involucrada nun medio de comunicación con protagonismo para as persoas neofalante...

ACTIVIDADES DA ESCOLA DE NEOFALANTES

Imaxe
AMARIÑA XORNAL. COM (19/01/2025) Manuela   Sáiz,  neofalante: “Do galego chamoume a atención a ausencia de tempos compostos” Manuela Sáiz e a súa parella viñeron asentarse a Galicia definitivamente en 2012. Co paso do tempo os dous decidiron que non só o gusto polo lugar e a súa cultura era abondo senón que era hora de aprender o idioma do lugar. Foi así como se integraron no grupo de persoas que reciben aulas de galego na Escola de Arroxo, en Lourenzá, impartidas polo docente Bernardo Penabade. https://amarinaxornal.gal/cultura/115297-manuela-saiz-neofalante-do-galego-chamoume-a-atencion-a-ausencia-de-tempos-compostos/ NEOFALANTES. GAL (3/02/2025) Carlos Pascual, neofalante: “Eu xa lía en galego a Manuel María ou a Cunqueiro” https://neofalantes.gal/carlos-pascual-neofalante-eu-xa-lia-en-galego-a-manuel-maria-ou-a-cunqueiro/ LA VOZ (27/02/2025) Encontro de neofalantes na Finca Galea https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2025/02/27/encontro-neofalantes-na-finca-...

AS DONAS DA NOITE NA FACTORÍA LITERARIA DA CASA DA PENELA

Imaxe
De primeiro pola esquerda da imaxe, o autor do artigo comparte a primeira fila con Marisa Padrón, Fernanda Trigo, Pepe de Noriega e Margarita Bermúdez Carlos Pascual Garcés      T iven o pracer de asistir na Casa da Penela a un encontro cultural con ocasión da presentación do libro As donas da noite de Lionel Rexes, premio Balbino 2025.  O acto comezou c unha peza musical composta e interpretada polo gaiteiro Miguel Chao e  continuou cunhas palabras de Xulio Rodríguez Leiras, que agradeceu a presenza de todos nós, especialmente daqueles que viñeran desde lonxe, como foi o caso dos Amigos da República desprazados desde Ourense e de Luciano do Monfadal desde Santiago. O anfitrión remarcou a importancia da lectura: “non hai maior traxedia que unha sociedade que non le, porque unha sociedade  que non le é unha sociedade que non pensa e que non produce pensamento. Alguén dicía que a tolerancia chegará a tal nivel -enfatizou- que as persoas intelixentes terán pr...

ANCARES: A SERRA ESQUECIDA

Imaxe
Belén Hernández O documental Ancares: a serra esquecida,  baseado no libro do mesmo nome, escrito por Enrique de Arce, sitúanos nos límites de Galicia. Esta barreira natural con vellas montañas e profundos vales, que fai unha fronteira natural co resto de España, provocou o illamento da zona, allea aos avances da civilización. Foi unha terra esquecida e ignorada, ata que ocorreu unha historia que transformou todo. Nos anos 60, un grupo de 5 estudantes decidiu facer unha acampada nunha zona de Galicia que non coñecían: os Ancares. Nas aldeas de Donís e Piornedo os aldeáns carecían de recursos básicos para poderen sobrevivir. A causa da incomunicación era a falta dunha estrada que os puxese en contacto co exterior. Perante a situación que atoparon e que consideraron inxusta, os estudantes decidiron pedir axuda e levaron a historia ao xornal El Ideal Gallego, o cal deu visibilidade á situación da zona e conseguiu diñeiro para vitaminas e medicamentos e tamén favoreceu a chegada dunha ...