RIQUEZA
Intervención de Xulio R. Leiras no Curso de Cultura Galegas destinado a persoas neofalantes. A sesión de animación á lectura da obra de Antía Yáñez celebrouse en Burela. Durante o paseo polos lugares de ambientación de O misterio do torque de Burela foron lidos varios fragmentos da obra, o primeiro por Ibrahima Djambang.
RIQUEZA
Para Xulio R. Leiras
Que a lingua nos una, non nos separe;a lingua non é só unha, son moitas.Porque a lingua é identidade, diferenza;a lingua vai salvarnos, salvarnos da incultura.Porque a lingua é patrimonio, non miseria;a lingua son os valores dunha sociedade inquieta.Porque unha lingua é riqueza, tesouro;a lingua é dos ricos, dos ricos de corazón e mente.Aqueles que non defenden a lingua,non defenden as súas raíces,raíces necesariaspara entenderquen somos e de onde vimos.Grazas a aqueles que loitan para non deixalas no esquecemento.
(Berta Vidal Queralt)
parabéns Berta, a lingua non hai de morrer mentras haxa persoas coma ti e Xulio
ResponderEliminarMoitas grazas, Luís! As túas palabras son tamén un estímulo para esta iniciativa que combina a docencia co foro de diálogo entre culturas. Vai o convite para que nos mandes colaboracións cando queiras.
Eliminar