RIQUEZA

Intervención de Xulio R. Leiras no Curso de Cultura Galegas destinado a persoas neofalantes. A sesión de animación á lectura da obra de Antía Yáñez celebrouse en Burela. Durante o paseo polos lugares de ambientación de O misterio do torque de Burela foron lidos varios fragmentos da obra, o primeiro por Ibrahima Djambang.


RIQUEZA 

 Para Xulio R. Leiras


Que a lingua nos una, non nos separe;
a lingua non é só unha, son moitas.

Porque a lingua é identidade, diferenza;
a lingua vai salvarnos, salvarnos da incultura.

Porque a lingua é patrimonio, non miseria;
a lingua son os valores dunha sociedade inquieta.  

Porque unha lingua é riqueza, tesouro;
a lingua é dos ricos, dos ricos de corazón e mente.

Aqueles que non defenden a lingua,
non defenden as súas raíces,
raíces necesarias
para entender 
quen somos e de onde vimos.

Grazas a aqueles que loitan para non deixalas no esquecemento.

(Berta Vidal Queralt) 

Comentarios

  1. parabéns Berta, a lingua non hai de morrer mentras haxa persoas coma ti e Xulio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, Luís! As túas palabras son tamén un estímulo para esta iniciativa que combina a docencia co foro de diálogo entre culturas. Vai o convite para que nos mandes colaboracións cando queiras.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

SES: "Agora mesmo estamos vivindo a utopía dos nosos avós"

PASEO LITERARIO CON ANTÍA YÁÑEZ

Espazos seguros para o encontro intercultural